O Equipo

Fotografía de Alberte Peiteavel

HELENA SALGUEIRO

DIRECCIÓN ARTÍSTICA

Helena Salgueiro é unha creadora escénica, performer e escritora galega. O seu traballo performativo tense amosado en teatros, museos, festivais e espazos de Galiza, Portugal, Escocia, Inglaterra, Suecia e Arabia Saudí. Fórmase en teatro, danza e dramaturxia en Escocia, Francia, Polonia e Dinamarca. Publica 2 poemarios e ten participado en antoloxías de poesía contemporánea ademáis de facer diversas colaboracións en curtametraxes, vídeo-performance e vídeo-danza no ámbito galego e británico. É a directora artística da compañía de artes vivas ABAR.

MIGUEL GENDRE

Fotografía de Helena Salgueiro

ÁREA DE MEDIACIÓN SOCIAL E COMUNICACIÓN

Educador social, intérprete e bailarín. Traballa con menores en risco de exclusión social e no ámbito da diversidade funcional dende diferentes organismos, como centros de menores galegos, Centro ocupacional Pascual Veiga, ASPAS, etc. Ten coordinado o seu propio proxecto de formación na USC de danza e diversidade funcional Integra2. No eido artístico fórmase na aula de teatro e danza da USC e con profesionais como Amparo Novas, Paula Quintas, Lali Ayguadé, Lucas Condró, La Macana, Jesús Rubio Gamo, Sonia Gómez, Ariadna Monfort, etc. Traballa en producións escénicas de Corpo(a)terra, Ponto Teatro e GN teatro. No eido audiovisual protagoniza dúas curtametraxes e un spot televisivo e no eido da produción colaborou cos festivais Corpo(a)terra, HerDanza e USCénica. É coordinador da área de mediación social na compañía de artes vivas ABAR.